Sunday 28 de April de 2024

Xornadas sobre a violencia no ámbito familiar, promovidas pola Mancomunidade de Ordes


O Centro de Información da Muller da Mancomunidade de Ordes continúa adiante co seu ciclo de xornadas A violencia no ámbito familiar. Unha iniciativa dirixida a auxiliares do servizo de axuda no fogar da comarca e coa que se pretende incrementar a información relacionada coa identificación e abordaxe das situacións violentas (violencia de xénero e maltrato a persoas maiores ou con discapacidade), así como das deversas tipoloxías de violencia, as súas orixes, os perfís das persoas implicadas nos conflictos e os medios de prevención. Tamén se aportan consellos para a detección e intevención eficaz, así como aspectos relacionados coas consecuencias e os recursos existentes para combater estas problemáticas.
En total estanse a levar a cabo sete sesións de traballo, unha por cada concello da comarca. Tras as de Cerceda, Trazo, Mesía e Oroso hoxe impartirase a de Tordoia. Pendentes quedan as de Frades (24 de marzo) e Ordes (30 de marzo).
O dito ciclo forma parte dos actos conmemorativos co gallo de Día Internacional da Muller organizados pola Mancomunidade de Ordes, para o que conta coa colaboración e financiamento do Fondo Social Europeo e da Secretaría Xeral da Igualdade.